Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33266

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1129/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados en que se ditou a seguinte:

«Sentenza número 157.

Vigo, 10 de marzo de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia) viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1129/2013 sobre garda e custodia e alimentos respecto dos fillos menores de idade, por instancia de María José Coello Novas, representada pola procuradora dos tribunais Marina Lagarón Gómez e con asistencia letrada de Lucía Gloria Fernández Manso, contra Ivan Izard Ballesteros, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola representación procesual de María José Coello Novas, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Lagarón Gómez, contra Ivan Izard Ballesteros, declarado en situación de rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, estimo esta facendo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia dos fillos menores atribúese a Sra. Coello Novas, e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. Izard Ballesteros poderá estar e desfrutar da compañía dos seus fillos nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro da presente resolución.

Terceiro. En concepto de alimentos para os seus fillos o Sr. Izard Ballesteros aboará a cantidade de 400 euros ao mes que ingresará na conta corrente que designe a nai para o efecto dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios que xeren os menores, entre os que se encontran os médicos non cubertos pola Seguridade Social; non terán esta consideración os libros de texto, material escolar, uniforme, transporte e comedor escolar e matrícula escolar nin actividades extraescolares.

No se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que deberá interpoñerse no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose este demandado, Ivan Izard Ballesteros, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 24 de xullo de 2015

A secretaria xudicial