Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 13 de agosto de 2015 Páx. 33262

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 3 de agosto de 2015 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria, mediante a Orde do 7 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), de conformidade co establecido nos puntos quinto e sexto da dita orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se indica no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido na citada Orde do 7 de maio de 2015.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días, se non implica cambio de residencia, ou de sete días se implica cambio de residencia.

O cómputo do prazo de toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á funcionaria e, no suposto de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Terceiro. As xefaturas dos servizos con competencias en materia de persoal do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Rodríguez Andrade, María del Carmen.

NRP: 3498963635 A2060.

Subgrupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Ordenación Enerxética.

Código de posto: IN.C05.00.001.15770.013.

Nivel: 28.

Dependencia: Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.