Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2015/8-2, 8202 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Revolta SAT e San Martiño SAT.

Domicilio social: A Casanova, Noche, Vilalba.

Denominación: LMTS, CTI e RBTA para subministración eléctrica a explotacións gandeiras.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio en que se sitúa o actual CTI Casanova (12255) e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 862 metros en condutor RHZ1-240 mm.

2. Centro de transformación intemperie proxectado sobre apoio de celosía, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea formada por dous circuítos, con orixe no centro de transformación proxectado e final nas CXP dos solicitantes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 24 de xuño de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo