Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 11 de agosto de 2015 Páx. 32980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2015/118-1).

Expediente: IN407A 2015/118-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: modificación 2 recuamento LMT en Tarrío-Finca Torrente (expediente 2007/07).

Concello: Culleredo.

Feitos:

1. O 15 de abril de 2015 Unión Fenosa Distribución, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 100, do 29 de maio de 2015, e no BOP núm. 91, do 18 de maio de 2015.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, cando correspondeu, a empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Tramo liña de media tensión aérea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,021 km, con orixe no apoio nº 65 proxectado que se intercalará na LMT SBN-717B, no tramo entre a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/08) e a derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398), condutor tipo LA56 mm2 Al e final no apoio nº 65-1 proxectado que se intercalará na LMT SBN-717B, no tramo da derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398).

Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,116 km, con orixe no apoio nº 65 proxectado que se intercalará na LMT SBN-717B, no tramo entre a derivada ao CT Tarrío II (expediente 498/08) e a derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 KV 1×240 mm2 Al e final no apoio nº 65-1 proxectado que se intercalará na LMT SBN-717B, no tramo da derivada ao CT Escolas Culleredo (expediente 27.398) e a derivada ao CT Liñares (expediente 30.816).

Retirada do tramo de liña aérea obxecto do recuamento.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 23.088,29 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado, resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberase presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 17 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña