Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (157/2013).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 157/2013, por instancia de Mutua Galega contra a empresa Ausima, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade, nos que se ditou sentenza con data do 8.7.2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución:

Acéptase parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega fronte á empresa Ausima, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

–Condénase a empresa Ausima, S.L. a aboarlle á Mutua Galega a cantidade de vinte e un mil seiscentos sesenta e sete euros con sesenta e tres céntimos de euro (21.667,63 euros), en concepto de prestacións derivadas de accidente de traballo anticipadas pola Mutua Gallega a traballadores da devandita empresa. Debe responder subsidiariamente da cantidade de seis mil douscentos vinte e dous euros con cincuenta e sete céntimos de euro (6.222,57 euros) o Instituto Nacional da Seguridade Social, como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social como servizo de Caixa Única.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do prazo indicado.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ausima, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

O secretario xudicial