Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32806

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1062/2012).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do secretario do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1062/2012, por instancia de Constantino Díaz Trigo contra a empresa Lume, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos que se ditou sentenza con data do 13.7.2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución:

Acéptase a demanda formulada por Constantino Díaz Trigo fronte á empresa Lume, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a Lume, S.L. a aboarlle á demandante a cantidade de seis mil douscentos sesenta e oito euros con setenta e nove céntimos de euro (6.268,79 euros), esas cantidades xerarán uns xuros moratorios do 10 %.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Lume, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

O secretario xudicial