Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32805

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1407/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1407/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tatiana Noya Balseira contra Discorreo, S.L., Telecarta Betanzos, S.C. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 23 de xuño de 2015, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Telecarta Betanzos, S.C., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

O secretario xudicial