Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 10 de agosto de 2015 Páx. 32803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1044/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1044/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia Mónica Mosquera Calvo contra Mutua Fremap, Zimmer Heim Ibérica, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Auto

Maxistrado-xuíz: Javier Fraga Mandián

Na Coruña o dezaseis de xullo de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mónica Mosquera Calvo interpuxo demanda fronte a Mutua Fremap, Zimmer Heim Ibérica, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Fogasa, que foi admitida a trámite, e sinalouse a celebración dos actos de conciliación e xuízo por resolución do 23.2.2015.

Segundo. Ao acto de conciliación e posterior xuízo, non compareceu o demandante que estaba debidamente citado segundo consta debidamente acreditado en auto.

Fundamento de dereito único:

Se o demandante, citado en legal forma, non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, considerarase que desiste da súa demanda (art. 83.2 LXS).

Dispón o artigo 83.2 da LXS que se o demandante citado en forma non comparece nin alega xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou do xuízo, o secretario xudicial, no primeiro caso, e o xuíz ou tribunal, no segundo, terano por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Dispoño ter por desistida a demandante Mónica Mosquera Calvo da súa demanda fronte a Mutua Fremap, Zimmer Heim Ibérica, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e o Fogasa, de procedemento ordinario, sobre reclamación de cantidades.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de autos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida (arts. 186 e 187 LXS).

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a-xuíz/a O/a secretario/a xudicial»

E para que sirva de notificación en legal forma a Zimmer Heim Ibérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de xullo de 2015

A secretaria xudicial