Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Venres, 7 de agosto de 2015 Páx. 32672

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1801/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1801/2014-CON

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 696/2012 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Edicto (1801/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1801/2014-CON desta Sección, seguido por instancia de José Antonio Vilar Diz contra o Fogasa, Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., Granitos Martínez, S.A., Fernández Contreras Granitos, S.A., Liberty Seguros, Lemos Romero, S.L., Granitos Budiño, S.L., David Fernández Grande, S.L., Serafín Santos Rodríguez, Laureano Estévez Fernández, comunidade hereditaria de Manuel Rodríguez Rodríguez, Canteiros de Soutelo, S.L. e Granidema, S.L. sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Antonio Vilar Diz, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, nos presentes autos 696/2012 sobre indemnización por enfermidade profesional, acordamos anular a sentenza de instancia e a remisión das actuacións ao xulgado de procedencia, co fin de que, con plena liberdade de criterio, dite nova sentenza pola cal se resolva a cuestión de fondo suscitada na demanda.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Granitos Budiño, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xullo de 2015

A secretaria xudicial