Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32171

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (5260/2014).

Número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 5260/2014-BC

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 490/2012. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico da Seguridade Social

Recorridos: Ministerio de Defensa (Isfas), Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Vidal Rebollido, Gescomar, S.L.

Avogados: avogado do Estado, Servizo Xurídico da Seguridade Social

Edicto (5260/2014).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5260/2014 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra o Ministerio de Defensa (Isfas), a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Vidal Rebollido e Gescomar, S.L., sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandado Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, nestes autos tramitados por instancia do demandante, Manuel Vidal Rebollido, contra a entidade xestora recorrente e os tamén demandados Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Ministerio de Defensa, decretamos a nulidade de todo o actuado a partir da notificación da sentenza de instancia, que acadou firmeza na data en que se ditou, e que se repoñan as actuacións ao momento seguinte da notificación da dita sentenza de instancia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Gescomar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de xullo de 2015

A secretaria xudicial