Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32173

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (14/2015).

Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Isidro Fariña Remiseiro contra Francisco López Vázquez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o executado Francisco López Vázquez en situación de insolvencia por importe de 841,46 euros, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Francisco López Vázquez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de xullo de 2015

O secretario xudicial