Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 4 de agosto de 2015 Páx. 32174

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (459/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día 15 de xullo de 2015, no proceso seguido por instancia de Ana Belén Queiro Mariño contra Union Bussines Factories, S.L., Trrece Noventa y Siete, S.L. rexistrado co número PO 459/2014, acordouse citar a Union Bussines Factories, S.L. en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas 15707, o día 21 de setembro de 2015 ás 11.55 e 12.00 horas para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E, para que sirva de citación a Union Bussines Factories, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

A secretaria xudicial