Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (879/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 879/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Lesta Naveira contra a empresa Alfa Instant, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 24 de abril de 2015

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 879/2014, en que foron parte, dun lado como demandante Pablo Lesta Naveira, asistido pola letrada María Dolores Rodríguez Amoroso, e como demandado Alfa Instant, S.A., que non comparece, con intervención procesual do Fogasa, que non comparece, sobre resolución de contrato e cantidades, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Pablo Lesta Neveira contra a empresa Alfa Instant, S.A. e absolvo esta entidade das súas peticións.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfa Instant, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

A secretaria xudicial