Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32065

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín

EDICTO (768/2014).

Que en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto notifícaselle a Carlos Mariño Limeres a sentenza ditada, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 43/2015

Lalín, 25 de marzo de 2015.

Vistos por Carmen Riveiros Santiago, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín e o seu partido, os autos do xuízo de faltas nº 768/2014, seguido por unha presunta falta de furto, fronte a Carlos Mariño Limeres, en que actúa Myriam Elena de Mata Schick en calidade de denunciante, e con intervención do Ministerio Fiscal en exercicio da acción pública.

Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Que debo condenar e condeno a Carlos Mariño Limeres, como autor dunha falta de furto, á pena de 30 días de multa a razón de 6 euros diarios (180 euros) que, en caso de resultar impagada, poderá ser substituída por un día de privación de liberdade, a cal se poderá cumprir mediante localización permanente, por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, e a que indemnice, en concepto de responsabilidade civil, a Myriam Elena de Mata Schick na cantidade de 45 euros, e ao pagamento das custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, con advertencia de que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se interporá no prazo dos 5 días hábiles seguintes ao da súa notificación ante este xulgado.

Expídase testemuño desta sentenza para a súa unión aos autos e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Por esta a miña sentenza, así o pronuncio, mando e asino».

Lalín, 8 de xullo de 2015

O/A secretario/a xudicial