Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32068

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (90/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 90/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Blanco Vázquez contra Ollamar 2010, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou resolución contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ollamar 2010, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

O secretario xudicial