Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32069

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (135/2015).

Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, en funcións de substitución, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 135/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes Eidón Piñeiro contra Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández sobre ordinario, se acordou despachar execución mediante ditado das resolucións en cuxa parte dispositiva se acorda:

Despachar orde xeral de execución da sentenza nº 3/15, ditada con data 19.1.2015 no procedemento ordinario (cantidade) seguido ante este xulgado co número de autos 390/14, a favor da parte executante, Lourdes Eidón Piñeiro, fronte a Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández, parte executada, por importe 2.965,92 euros de principal (2.696,29 máis 269,62 euros de xuro de mora procesual do 10 %) e de 296,60 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

– Requirir a Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández, co fin de que no prazo de dez (10) días manifesten unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificaren, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens dos executados.

E para que sirva de notificación en legal forma a Natalia González Alejos e Jesús Víctor Adsuar Fernández, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de xullo de 2015

O secretario xudicial