Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32059

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (747/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 747/2014

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 748/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Edicto.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 747/2014 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Andrea Poledna, Yaneth Torrado Arévalo, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel e Cleice Marinho de Souza sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación formulado pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación da TXSS, contra a Sentenza do 28 de novembro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, no procedemento 748/2013, contra a empresa Exclusivas Torrado Montero, S.L., confirmando a expresada resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social, dentro do improrrogable prazo de dez días seguintes ao da notificación da sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social.

Se o recorrente non está exento de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a contra Andrea Poledna, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel e Cleice Marinho de Souza, con último domicilio coñecido na estrada da Guarda-Tui, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial