Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 3 de agosto de 2015 Páx. 32057

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de xullo de 2015 que modifica a Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Pola Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, profesores de música e artes escénicas, e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos mencionados corpos da Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Contra a decisión do tribunal único para a especialidade de construcións civís e edificacións de excluílo do proceso selectivo, Fernando Suárez Míguez, interpuxo recurso contencioso-administrativo. A sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza estimatoria na que anula o Acordo do 2 de xullo de 2010 do tribunal único polo que se excluíu ao recorrrente do proceso selectivo, anulando aquela e ordenando a retroacción das actuacións ao dito momento da exclusión e ordenando a súa continuación ata o ditado dunha resolución conforme a dereito.

En execución da Sentenza do 24 de setembro de 2014 nº 00510/2014, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Seccción Primeira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no recurso de procedemento ordinario número 974/2010, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dispuxo por Resolución do 23 de decembro de 2014, requerir ao tribunal único de construcións civís e edificación, a través da persoa do seu presidente, para que se reunise co propósito de outorgar a Fernando Suárez Míguez, co DNI 32437392D, a oportunidade de emendar os defectos que tiña na programación didáctica que presentou no procedemento selectivo.

O tribunal avaliador examina a Fernando Suárez Míguez, co DNI 32437392D, e outórgalle unha puntuación na oposición de 5.8707 e, unha vez ponderado co baremo, é unha puntuación de 7.5224 no concurso-oposición que supón a superación do procedemento selectivo.

En consecuencia coas actuacións citadas nos parágrafos anteriores, esta Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro. Declarar que Fernando Suárez Míguez, co DNI 32437392D, superou os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, especialidade construcións civís e edificación, quenda libre, convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril).

Segundo. Modificar a Orde do 31 de xullo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, especialidade construccións civís e edificación, na Comunidade Autónoma de Galicia convocados pola Orde do 16 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril), incluíndo no número de quenda 5, quenda libre, Fernando Suárez Míguez, co DNI 32437392D, coa puntuación total no concurso-oposición de 7.5224 (baremo: 10.0000 e oposición: 5.8707). Os opositores Jacobo Gómez Viñas co DNI 44076122A e Carolina García Rodríguez co DNI 76828592J pasan a ocupar o número de orde 6 e 7 respectivamente.

Terceiro. Nomear funcionario en prácticas do corpo de corpo de profesores de ensino secundario, especialidade construcións civís e edificación con efectividade económica e administrativa do 15 de setembro de 2015.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria