Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31992

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 9 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2010/0333-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2010/0333-4.

Acta: I362010000110885.

Empresa: Terminales Marítimas del Atlántico, S.L.

NIF: B-36885283.

Enderezo: r/ Castelar, 11-3º, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14, 15 e 16 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.6, 39.3.c) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 30.6.2015.

Resolución: multa de 4.000 €.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Vigo, 9 de xullo de 2015

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo