Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2008/0020-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar no Boletín Oficial del Estado, ao amparo dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada a copia da sentenza e a súa firmeza ditada polo Xulgado do Penal número 1 de Vigo, ditada no procedemento número 460/2012, polo accidente laboral do traballador Francisco Javier Canedo Estévez.

Os documentos que constan nos expedientes son:

– Acta de infracción.

– Xustificante da notificación.

– Escrito de alegacións (21.12.2007).

– Copia da sentenza xudicial.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2008/0020-4.

Acta número: 1513/2007.

Empresa: Applus Norcontrol, S.L.U.

NIF/DNI: B15044357.

Enderezo: travesía de Vigo, 204, Vigo.

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo