Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCION do 22 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se someten a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o Plan de restauración do proxecto de explotación de recursos da sección A) Naira número 382, no concello de Vilar de Santos, promovido por Arenas Naturales da Limia, S.L. (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental e, así mesmo, no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) esta xefatura territorial

resolve:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de explotación de recursos de sección A) que a continuación se describe:

Solicitante: Arenas Naturales da Limia, S.L.

Domicilio social: Vilariño das Poldras, Couso de Limia, 32692 Sandiás (Ourense).

Número: 382.

Nome: Naira.

Recurso: area.

Data da solicitude: 24 de marzo de 2014.

Superficie: 36.457 m2.

Recursos: area.

Concello: Vilar de Santos (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

7º 47’ 06”

42º 4’ 39,1”

2

7º 47’ 01”

42º 4’ 38,7”

3

7º 46’ 59,2”

42º 4’ 36,6”

4

7º 47’ 1,2”

42º 4’ 36,0”

5

7º 47´ 0,1”

42º 4’ 33,4”

6

7º 47’ 3,5”

42º 4’ 31,2”

7

7º 47’ 6,4”

42º 4’ 29,4”

8

7º 47’ 8,2”

42º 4’ 36,9”

9

7º 47’ 6,1”

42º 4’ 37,6”

10

7º 47’ 2,3”

42º 4’ 38,7”

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial e no concello de Vilar de Santos e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo en Curros Enríquez, nº 1, 4º, 32003 Ourense, presentándoas en calquera das oficinas prevista no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Transcorrido o período de información pública proseguirase a tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización administrativa compete, como órgano substantivo, a Consellería de Economía e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008 do 23 de maio.

Ourense, 22 de xullo de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Juan Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial