Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade a formalización do seguinte contrato de obras:
1. Obra de renovación e substitución de cubertas no IES Universidade Laboral de Ourense.
1.1. Adxudicatario: Prado Lameiro, S.L.
1.2. Importe de adxudicación: 201.689,00 € (IVE excluído).
1.3. Data de adxudicación: 13 de xullo de 2015.
1.4. Data de formalización do contrato: 16 de xullo de 2015.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2015
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
y Ordenación Universitaria