Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 135/2015, do 5 de marzo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 5 de marzo de 2015, pronunciou a sentenza número 135/2015, ditada no procedemento ordinario número 4162/2013, e rectificada por auto do mesmo tribunal do 26 de maio de 2015, no recurso interposto por María de los Ángeles Escrivano Romero e María Purificación Peláez Nieto, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por María de los Ángeles Escribano Romero e María Purificación Peláez Nieto contra a Orde do 7.12.2012, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se otorgou aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Verín, que anulamos exclusivamente en canto ao grao de protección do inmoble que figura na ficha A-125 do seu catálogo, que debe de ser o ambiental, desestimándoo en todo o demais. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo