Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 31 de xullo de 2015 Páx. 31974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 128/2015, do 26 de febreiro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 26 de febreiro de 2015, pronunciou a sentenza número 128/2015, ditada no procedemento ordinario número 4249/2012, interposto por Alejandro Alcalde Paz, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto polo procurador Ignacio Pardo de Vera López, en nome e representación de Alejandro Alcalde Paz, contra a Orde do 29 de abril de 2011, sobre a aprobación definitiva do PXOM do Concello de Lugo, que declaramos contraria a dereito respecto á clasificación establecida para o terreo do predio do feito segundo da demanda definido como polígono 5-6-7-8, que deberá clasificarse como solo de núcleo rural ata o límite marcado pola liña perimetral de 50 metros e como área de expansión na parte restante do predio.

Sen imposición das custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo