Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro dunha axuda concedida ao abeiro do Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, regulada na Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 100, do 26 de maio) (expediente TR345B 2008/225-3).

Intentada a notificación do acordo a través do servizo de Correos, e ao non ser posible a súa práctica, segundo o disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula notifícaselles ás persoas interesadas o contido da resolución que figura no anexo.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince (15) días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da data da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Á vista das alegacións e da documentación presentada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles que teñen dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do servizo de Traballo e Economía Social desta xefatura territorial, sito na avenida da Habana, 79, 7º andar, en Ourense, e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de xullo de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR345B 2008/225-3.

Nome: Colmenero e Hijos, S.C.

NIF/CIF: G32365637.

Último enderezo coñecido: rúa Ervedelo, nº 31, ent. (Asesoría Acio), 32003 Ourense.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 19 de maio de 2008.

Contido da resolución: acordo de inicio do procedemento de reintegro da axuda.