Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a procedencia do reintegro de axuda ao Programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, regulada na Orde do 6 de xuño de 2013, relativa ao expediente TR349F 2013/102-0.

Con data do 8 de maio de 2015, a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda a procedencia do reintegro de axuda concedida a Melania Betania Busto del Puerto, con número de expediente TR349F 2013/102-0.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á persoa interesada o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante a Dirección Xeral de Traballo e Economía Social. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social

Anexo

Nº de expediente: TR349F 2013/102-0.

Beneficiaria: Melania Betania Busto del Puerto

NIF: 46912638-K

Último enderezo coñecido: r/ Río Arnoia, 3, 1º E, 15570, Narón (A Coruña).

Procedemento: axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas.

Data da resolución de concesión: 18.9.2013.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: número 9 do artigo 16 da Orde do 6 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de axudas ás persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 2013 (DOG nº 111, do 12 de xuño).

Contía da subvención percibida: 4.000 euros.

Contido da resolución: procedencia do reintegro da axuda.