Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 30 de xullo de 2015 Páx. 31849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2009/510-1.

Intentada a notificación por correo certificado ao titular da empresa que se indica a continuación, sen que se puidese practicar, mediante esta cédula notifícaselle o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC).

A notificación farase ao mesmo tempo e preceptivamente por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Dispón dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, durante o cal poderá exercer o dereito de audiencia do expediente mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º (Centro Comercial Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Realizado o trámite de audiencia, o suxeito responsable poderá formular novas alegacións polo prazo doutros tres días, despois dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente: RL 2009/510-1.

Acta inf.: I152009000136335.

Empresa: Escotego, S.L.

NIF: B15585078.

Enderezo: rúa Linares Rivas, 57, baixo, 15005 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: anexo IV parte C, 3.a) e b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Tipificación: artigos 5.2 e 12.16.f) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo cal se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 12.000 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña