Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-054/07.

De conformidade cos artigos 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.

Pontevedra, 18 de xuño de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente por falta de pagamento: P-054/07.

Expediente de construción: PO-85/190, conta 13.

Nome: Fernando Rodríguez Pazos.

Enderezo empadroamento:

– Rúa Luxemburgo, nº 2, 1º D, 36162 Monte Porreiro, Pontevedra.

Enderezo da vivenda de promoción pública de protección oficial:

– Rúa Pai Crespo, nº 96, 3º A, 36800 Redondela, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento

Indicación do contido: conforme o artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímolo para o pagamento dos 15 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes da vivenda que lle foi adxudicada, por un importe total de 32.396,12 €, segundo consta na base de datos de facturación do Instituto Galego da Vivenda e Solo o 6 de febreiro de 2015, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1 de xullo de 1991 e o 1 de febreiro de 2015, facéndolle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 de la LRX-PAC, concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial e entregue a documentación que xulgue conveniente.

Advertímoslle que, en caso de non atender este requirimento, se procedá á resolución do contrato.