Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 22 de xuño de 2015 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R001-51-2013.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia por delegación do conselleiro de Economía e Industria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2015

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo

ANEXO

Expediente: 15R001-51-2013.

Interesada: Compañía Escandinava de Electricidad en España, S.L.

CIF: B85551273.

Acto notificado: resolución recurso de alzada RA-IGC-13/14.