Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Mércores, 29 de xullo de 2015 Páx. 31737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-078/11.

De conformidade cos artigos 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 18 de xuño de 2015

(Decreto 97/2014, do 24 de xullo)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente falta de pagamento: P-078/11.

Expediente de construción: PO-81/010, conta 101.

Nome: comunidade hereditaria de Mercedes Ríos Piedras.

Enderezo da vivenda de promoción pública de protección oficial: rúa Alemania, núm. 43, baixo A, Monte Porreiro, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte os artigos 1091, 1124, 1501 e 1504 do Código civil e a cláusula cuarta da escritura de compravenda, requirímolos para o pagamento dos 23 recibos vencidos e non satisfeitos por un importe total de 1.732,78 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 27.3.2015, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.5.2013 e o 1.3.2015, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato de compravenda, co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, e co artigo 84 da LRXPAC, concédeselles un prazo de quince (15) días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial e acheguen a documentación que xulguen conveniente.

Advertímoslles que, en caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.