Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31422

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 1168/2011).

Procedemento ordinario 1168/2011

Sobre: ordinario

Demandantes: Hermesindo Crespo Dobarro, Luis Couto Castro, Miguel Caetano López

Avogados: Mar García Pombo

Demandados: Cerramientos Metálicos del Noroeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Cometal Laro, S.L., Transformados Metálicos de Galicia, S.L., Industrias Pesadas de Galicia, S.L., Demacar, S.L., Cometal Montajes, S.L.

Eu, Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 1168/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Hermesindo Crespo Dobarro, Luis Couto Castro, Miguel Caetano López contra a empresa Cerramientos Metálicos del Noroeste, S.L., Cometal Laro, S.L., Transformados Metálicos de Galicia, S.L., Industrias Pesadas de Galicia, S.L., Demacar, S.L., Cometal Montajes, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Hermesindo Crespo Dobarro de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data 17.7.2012 no sentido que se indica a continuación:

No feito probado primeiro

Onde di:

Miguel Caetano López, maior de idade, con DNI 44091596, veu prestando servizos para a mercantil Demacar, S.L. desde o 12.5.2011, cun salario mensual de 1.474,10 euros con inclusión de pagas extras, coa categoría profesional de oficial de segunda.

Debe dicir:

Miguel Caetano López, maior de idade, con DNI 44091596, veu prestando servizos para a mercantil Demacar, S.L., desde o 12.5.2008, cun salario mensual de 1.474,10 euros con inclusión de pagas extras, coa categoría profesional de oficial de segunda.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Cerramientos Metálicos del Noroeste, S.L., Cometal Laro, S.L., Transformados Metálicos de Galicia, S.L., Industrias Pesadas de Galicia, S.L., Demacar, S.L., Cometal Montajes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de xullo de 2015

O secretario xudicial