Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 28 de xullo de 2015 Páx. 31424

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 110/2015).

EPA execución parcial 110/2015

Procedemento de orixe: despedimento obxectivo individual 903/2014

Sobre: despedimento

Demandante: María Rosario Sobrido Pando

Avogado: Pedro Naveira Couceiro

Demandados: Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución parcial 110/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto:

Maxistrada xuíza: Carolina Nores Díaz.

Santiago de Compostela, trinta de abril de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Único. María Rosario Sobrido Pando presentou escrito en que solicitaba a execución de Sentenza 27/2015 fronte a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de Sentenza 27/2015, ditada no DOI 903/2014, concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. Despois de recorrer a parte, por motivo de desconformidade coa data de extinción da relación laboral, a sentenza ditada en autos de DSP 903/14 cuxa execución parcial pretende, coas alegacións efectuadas no recurso de suplicación, poden verse alterados non só os pronunciamentos relativos aos salarios de trámite senón tamén ao cálculo da indemnización, non procede a execución nos termos pretendidos no que se refire á indemnización, sen prexuízo de proceder á execución parcial da cantidade de 4.719,72 euros por salarios debidos máis 129,31 euros (o 10 % de xuros de mora), pronunciamento que non consta impugnado no recurso de suplicación, suma unha cantidade de 4.849,03 euros de principal e unha cantidade de 484,90 euros de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tivese incumprido a obriga de manifestar bens ou se tivesen ocultado elementos patrimoniais transcendentes na dita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se aboará en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituída ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle imporán as custas da execución que se tivese instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a secretaria xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución parcial da sentenza número 27/2015, ditada no DOI 903/2014 a favor da parte executante, María Rosario Sobrido Pando, fronte a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., parte executada, por importe de suma unha cantidade de 4.849,03 euros de principal (4.719,72 euros por salarios debidos máis 129,31 euros do 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET), máis outros de 484,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Non procede a execución nos termos pretendidos polos motivos aducidos no antecedente xurídico segundo da presente resolución.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “30 Social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, trinta de abril de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Único. Nas presentes actuacións ditouse auto en que se despachaba execución a favor de María Rosario Sobrido Pando fronte a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. pola cantidade de 4.849,03 euros de principal (4.719,72 euros por salarios debidos máis 129,31 euros do 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET), máis outros de 484,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 551.3 da LAC que, ditado o auto que contén a orde xeral de execución, o/a secretario/a xudicial responsable desta ditará decreto no cal se conterán as medidas executivas concretas que resulten procedentes, incluíndo o embargo de bens, e as medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC, así como o requirimento de pagamento que deba facerse ao debedor en casos que o estableza a lei; ditaranse de oficio as resolucións pertinentes conforme o artigo 237 da LXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir as executadas a entidade mercantil Limpiezas Secope, S.A. e a entidade mercantil Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. co fin de que no prazo de 10 días aboe a cantidade de 4.849,03 euros de principal (4.719,72 euros por salarios debidos máis 129,31 euros do 10 % de xuros de mora do artigo 29.3 do ET), máis outros 484,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación. O dito importe ingresarase na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0110 15), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Limpiezas Secope, S.A., Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L. co fin de que en prazo manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres/cinco días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 aberta no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto a indicación “recurso”, seguida do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial