José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto, anuncio:
No procedemento de dereitos fundamentais número 135 do ano 2015, seguido por instancia de Fernando Palomanes Ferreiro, ditouse a dilixencia de ordenación, o vinte e oito de abril de 2015, do seguinte teor literal:
«Dilixencia de ordenación.
Secretario: José Andrés Salgado Fernández.
A Coruña, vinte e oito de abril de dous mil quince.
Por recibido o anterior escrito presentado por Fernando Palomanes Ferreiro.
Requírase o dito presentante co fin de que no prazo de dez días formule o recurso con avogado e procurador que o defenda e represente, este último con poder notarial ou designación ante o secretario xudicial, ao ser preceptiva a súa actuación ante este tribunal.
Transcorrido o dito prazo sen presentar en forma o recurso acordarase sobre o arquivamento deste.
Modo de impugnación.
Contra a presente resolución cabe interpor recurso de reposición, no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ao da súa notificación.
José Andrés Salgado Fernández
O/a secretario/a xudicial».
E, como consecuencia do que figura en dous xustificantes de recibo reportados a este tribunal como ausente de repartición Fernando Palomanes Ferreiro e non retirada a súa notificación, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.
A Coruña, 8 de xullo de 2015
José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial