Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30992

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1131/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1131/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Liliana Saravia Torres contra Tortoni, S.L., Rodríguez Porvén Bernabé, S.L., Financial Developed Arabia Saudi, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Cocimanía Noroeste, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Orzapub, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Sentenza: 434/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1131/2014.

Demandante: Liliana Saravia Torres.

Letrado: Sr. Pena Díaz.

Demandadas:

– Tortoni, S.L.

Letrado:

– Rodríguez Porvén Bernabé, S.L.

Letrado: Sr. Sanz Martínez.

– Financial Developed Arabia Saudi, S.L.

Letrado:

– Soros Investiment Corporation Spain, S.L.

Letrado:

– Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L.

Letrado:

– Cocimanía Noroeste, S.L.

Letrado: Sr. Arangüena Sande.

Fogasa.

Sr:

Sentenza.

A Coruña, 1 de xullo de 2015.

Resolución:

A. Estimo parcialmente a demanda sobre despedimento formulada por Liliana Saravia Torres fronte á empresa Cocimanía Noroeste, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, declaro extinguida a relación laboral con data do 26.9.2014 e condeno a demandada a aboar á demandante a indemnización de 486,20 euros.

B. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Liliana Saravia Torres frente ás empresas Tortoni, S.L., Rodríguez Porvén Bernabé, S.L., Financial Developed Arabia Saudi, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L. e Orzapub, S.L. e, en consecuencia, absólvoas de todos as peticións formulados fronte a elas.

C. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Tortoni, S.L., Rodríguez Porvén Bernabé, S.L., Financial Developed Arabia Saudi, S.L., Soros Investiment Corporation Spain, S.L., Técnicos Hosteleros del Noroeste, S.L., Orzapub, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de xullo de 2015

A secretaria xudicial