Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30995

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1022/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1022/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Ainhoa Belén Gómez Barjacoba contra a empresa Lost in Lost Out, S.L.U., Fogasa, Interveira, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 432/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1022/2014.

Demandante: Ainhoa Belén Gómez Barjacoba.

Letrada: Sra. Briones Amor.

Demandadas:

Lost in Lost Out, S.L.U.

Interveira, S.L.U.

Letrado: Sr. López Abad.

Fogasa.

Sentenza: 432/2015.

A Coruña, 1 de xullo de 2015.

Resolución:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ainhoa Belén Gómez Barjacoba contra a empresa Lost in Lost Out, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 8.252,77 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 42,53 euros/día.

3. Desestimo a demanda sobre despedimento formulada por Ainhoa Belén Gómez Barjacoba contra Interveira, S.L.U. e, en consecuencia, absólvoa de todas as peticións formuladas contra ela.

4. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Lost in Lost Out, S.L.U., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 1 de xullo de 2015

A secretaria xudicial