Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 24 de xullo de 2015 Páx. 30997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de limpeza de edificios xudiciais da Xunta de Galicia (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 42 85 e 981 54 22 74 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es; rafael.juanatey.mayan@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22985

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2015-SESE 14-15-16-17/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza dos edificios xudiciais da Xunta de Galicia que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: catro lotes.

Lote 1: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia da Coruña.

Lote 2: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Lugo.

Lote 3: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Ourense.

Lote 4: edificios xudiciais da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra.

d) Lugar de execución: o servizo realizarase nos lugares indicados no anexo I do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: 24 meses desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, axustándose ao indicado no punto K da folla de especificacións.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 90919200-4 servizos de limpeza de oficinas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no punto J da folla de especificacións do prego de clausulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 6.762.035,23 € para os catro lotes.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 2.600.782,78 € para os catro lotes.

Importe total: 3.146.947,14 €. Desagregado por lotes do seguinte modo:

Lote 1: importe sin IVE: 1.011.285,76 €. Total: 1.223.655,76 €.

Lote 2: importe sin IVE: 450.779,52 €. Total: 545.443,22 €.

Lote 3: importe sin IVE: 479.269,28 €. Total: 579.915,82 €.

Lote 4: importe sin IVE: 659.448,22 €. Total: 797.932,34 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído) por cada un dos lotes.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1. A categoría da clasificación establecerase en función da suma dos orzamentos de licitación dos lotes aos que concorran os licitadores, de acordo cos seguintes importes:

Categoría A: cando a anualidade media sexa inferior a 150.000,00 €.

Categoría B: cando a anualidade media sexa igual ou superior a 150.000,00 € e inferior a 300.000,00 €.

Categoría C: cando a anualidade media sexa igual ou superior a 300.000,00 € e inferior a 600.000,00 €.

Categoría D: cando a anualidade media sexa igual ou superior a 600.000,00 €.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 11 de agosto de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do complexo administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: complexo administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: sala de xuntas D do Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre B «Documentación técnica e de criterios de adxudicación non avaliables automaticamente», terá lugar ás 12.00 horas, o día 21 de agosto de 2015. O lugar, día e hora do segundo acto público, apertura do sobre C «Proposición económica e criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. O importe dos anuncios prorratearase, de ser o caso, entre os adxudicatarios de cada un dos lotes.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 3 de xullo de 2015.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza