Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 245/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 245/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Pérez Alborés contra AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, Fondo de Garantía Salarial, Katia Jocelyne Audouy sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto núm. 416/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Adriana Pérez Albores presentou demanda de execución fronte a AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, Fondo de Garantía Salarial, Katia Jocelyne Audouy.

Segundo. Ditouse auto polo cal se despacha execución con data do 27.10.2014, fronte ao cal a parte demandante presentou recurso de reposición, e se ditou auto do 13.3.2015 que acorda despachar execución por un total de 27.051,62 euros de principal (3.829,10 euros de indemnización e 23.222,52 euros de salarios de tramitación), máis 2.705,16 euros que se calculan provisionalmente para xuros e custas que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Terceiro. Das actuacións practicadas non se obtivo ningunha cantidade, polo que se lle deu audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e á parte executante tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado para embargar, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír ao Fondo de Garantía Salarial e á parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados AJP Guy y Otra, S.C. (CIF J70245071), Antoine Jean Paul Guy Jaud (NIE Y1094895V), Katia Jocelyne Audouy (NIE Y1094821N), en situación de insolvencia total por importe de 27.051,62 euros de principal (3.829,10 euros de indemnización e 23.222,52 euros de salarios de tramitación), máis 2.705,16 euros que se calculan provisionalmente para xuros e custas que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia para efectos de notificación ás executadas en ignorado paradoiro, así como para efectos de dar a correspondente publicidade á insolvencia declarada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, no campo de observacións, a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, en ignorado paradoiro, e tamén para efectos de dar a procedente publicidade á insolvencia declarada respecto ás executadas, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

A secretaria xudicial