Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (34/2015).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 34/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés Puy Fraga contra a empresa Kreta Expansión, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 326/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución contrato 34/2015, acumulado despedimento 529/2015.

Demandante: Andrés Puy Fraga.

Letrado: Sr. Rodríguez Núñez.

Demandada: Kreta Expansión, S.L.

Letrado:

Fogasa.

Sr:

Sentenza nº 326/2015.

A Coruña, 2 de xullo de 2015.

Resolución:

a) Estimo as accións, sobre resolución de contrato e despedimento formuladas por Andrés Puy Fraga contra a empresa Kreta Expansión, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre o traballador demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, condenando a demandada a lle aboar a cantidade total de 3.577,15 euros en concepto de indemnización.

2. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, acontecido o 23.2.2015, condenando a empresa demandada a satisfacer ao demandante:

– Os salarios de tramitación desde esta data ata a data da presente resolución a razón de 100,06 euros diarios.

b) Estimo a acción, sobre reclamación de cantidade, formulada por Andrés Puy Fraga contra Kreta Expansión, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a lle aboar ao primeiro a suma de 20.561,90 euros polos salarios devindicados e non satisfeitos.

c) O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Kreta Expansión, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial