Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes LU-PES 055/2015 e LU-PES 063/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto obxecto de notificación é a iniciación e foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é rolda de la Muralla, nº 70, 2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contarse a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o plazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.

Lugo, 6 de xullo de 2015

P.S (Resolución do 17.6.2014)
Marco A. Fernández Piñeiro
Jefe del Servicio de Contratación y Apoyo Administrativo

ANEXO

Expediente: LU-PES 055/2015.

Interesado: Alberto Eiros Salgado.

Acto notificado: iniciación.

Expediente: LU-PES 063/2015.

Interesado: Antonio Vázquez Cortez.

Acto notificado: iniciación.