Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes LU-PES 015/2015 e LU-CAZ 026/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto obxecto de notificación é a proposta de resolución e foi adoptado polo instrutor do procedemento.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da xefatura territorial é rolda da Muralla, nº 70-2º (Lugo).

O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. O dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao daquela publicación.

Lugo, 6 de xullo de 2015

P.S. (Resolución do 17.6.2014)
Marco A. Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expediente: LU-PES 015/2015.

Interesado: Jonathan Román Pérez.

Acto notificado: propuesta de resolución.

Expediente: LU-CAZ 026/2015.

Interesado: Manuel Antonio López Touriño.

Acto notificado: propuesta de resolución.