Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2015/143-1).

Número de expediente: IN407A 2015/143-1.

Solicitante: Udesa, S.A.

Denominación: reforma liña aérea de alta tensión derivada a CT Lanzá I.

Concello: Mesía.

Características técnicas:

Reforma da actual liña aérea de alta tensión 20 kV derivada a CT Lanzá (expediente 10.001) de 521,19 metros de lonxitude, sen modificación de trazado, mediante a substitución do actual condutor de aluminio-aceiro tipo LA-30, por novo condutor de aluminio reforzado con aceiro designado como 47-AL1/8-ST1A (LA-56) segundo a UNE-EN 50182. Coa orixe no apoio nº 9 existente de formigón tipo HV 11/1000 e final en CT Lanzá existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 19 de xuño de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña