Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30788

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2015 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de xullo de 2015 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta da Axencia Turismo de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 15 de xullo de 2015, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Indícanse que postos de traballo constitúen unha excepción ao disposto no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), podéndose cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública:

Libres designacións

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PX.A20.00.003.15770.010

XEFATURA ÁREA DE INSPECCIÓN TURÍSTICA

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade administrativa da Xunta de Galicia (a dirección da inspección na Axencia)

Terceiro. Ordénase a publicación desta no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor o 1 de agosto de 2015.

Cuarto. Publícase o «Acordo sobre as condicións especiais de traballo do persoal das oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia» como anexo á relación de postos de traballo por ser complementaria desta.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de xullo de 2015, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Turismo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2015

P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO II

Acordo sobre as condicións especiais de traballo do persoal das oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia

A Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, na súa disposición adicional cuarta, autoriza o Consello da Xunta de Galicia para a creación da Axencia Turismo de Galicia, que terá como obxectivo básico impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da Comunidade e a conservación e promoción dos camiños de Santiago.

En consecuencia e polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, créase a Axencia Turismo de Galicia e apróbanse os seus estatutos.

A disposición adicional primeira do Decreto 196/2012 establece que a Axencia Turismo de Galicia asumirá desde a súa constitución as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo e os servizos de turismo das xefaturas territoriais que quedarán suprimidas no momento da dita constitución. A disposición adicional terceira establece que no momento da constitución efectiva da Axencia Turismo de Galicia quedarán suprimidos os órganos de rango de subdirección xeral e servizo correspondentes á estrutura orgánica da Secretaría Xeral para o Turismo e os servizos de Turismo das xefaturas territoriais, autorizándose a Dirección da Axencia Turismo de Galicia a adscribir, se é o caso, o persoal afectado a postos da Axencia.

Por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 31 de outubro de 2013 aprobouse a relación de postos de traballo (RPT) da Axencia Turismo de Galicia. Mediante Resolución do 31 de outubro de 2013 da Consellería de Facenda ordénase a publicación no Diario Oficial de Galicia que se produciu o 7 de novembro de 2013.

A RPT aprobada articulaba os cambios organizativos derivados da supresión dos órganos de estrutura da Secretaría Xeral para o Turismo e dos servizos provinciais de Turismo, como instrumento de xestión clave para o desenvolvemento e execución das competencias da nova axencia e como ferramenta técnica básica de ordenación e racionalización dos postos de carácter estrutural.

Agora, o obxecto desta relación de postos son aqueles postos que dependían da Secretaría Xeral para o Turismo con anterioridade á creación da Axencia Turismo de Galicia e os postos de carácter estrutural que non se desenvolveron na RPT inicial.

Non obstante, a natureza das funcións que as oficinas de turismo teñen encomendadas e as peculiaridades propias dos administrados aos que deben atender e dos horarios nos que deben proporcionar esta atención fai que, en moitos casos, o horario sexa incompatible co ordinario do persoal da Xunta de Galicia, evidenciando as limitacións do actual horario. Por isto, precísase do establecemento dun horario especial de traballo que abranga, ademais do actual, outros períodos que coincidan coa maior afluencia ás oficinas.

Para aqueles postos de persoal funcionario que desenvolvan as súas funcións neste horario especial establécese un específico diferencial que virá fixado na relación de postos de traballo na que quede reflectida esta modificación das condicións de traballo, sen menoscabar, por unha banda, a prestación dos servizos a un custo razoable e, por outra, os dereitos dos traballadores afectados. En última instancia, preténdese que o traballo a quendas que se desenvolve nas oficinas obxecto deste acordo sexa o máis equilibrado posible entre tempo de traballo e tempo de descanso. Todo iso sen perder de vista a xornada máxima semanal, o necesario descanso, tanto semanal como entre xornadas, recoñecido pola normativa vixente.

Para o establecemento deste horario especial tívose en conta que o labor das oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia se desenvolve en coordinación coas oficinas de turismo que a Administración local galega ten nas distintas provincias da nosa comunidade autónoma.

En consecuencia, logo da negociación coas organizacións sindicais representativas na Mesa Xeral de Empregados Públicos e os informes da Comisión de Persoal e da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, apróbase, segundo o exposto, o seguinte acordo que se desenvolverá conforme as seguintes

CLÁUSULAS:

Primeiro. Obxecto

Este acordo ten por obxecto o establecemento dun horario especial nas oficinas de turismo dependentes da Axencia Turismo de Galicia e a fixación dun específico diferencial e compensacións horarias.

Segundo. Ámbito de aplicación

Este acordo será de aplicación para aqueles postos de persoal funcionario que na Relación de Postos de Traballo (RPT) da Axencia Turismo de Galicia figuren nos centros de destino seguintes:

– Oficina de Turismo da Coruña.

– Oficina de Turismo de Ferrol.

– Oficina de Turismo de Santiago de Compostela.

– Oficina de Turismo de Lugo.

– Oficina de Turismo de Ourense.

– Oficina de Turismo de Pontevedra.

– Oficina de Turismo de Vigo.

Terceiro. Xornada

1. A xornada ordinaria de traballo para os postos de persoal funcionario das oficinas de Turismo terá unha duración máxima de 37 horas e 30 minutos semanais, e desenvolverase entre as 8.00 horas e as 19.30 horas, de luns a sábado e entre as 10.00 horas e as 14.00 horas, os domingos ou festivos, distribuíndose en xornadas continuadas ou partidas, de acordo coas necesidades de cada oficina.

2. Garántese a atención ao público das oficinas nos seguintes horarios de apertura:

Oficinas de maior afluencia: Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo:

Temporada baixa (outubro a maio)

Temporada alta (xuño a setembro)

Luns a venres

Mañás

10.00 a 14.00 horas

Luns a sábados

10.00 a 19.30 horas

Tardes

16.00 a 19.30 horas

Domingos e festivos

10.00 a 14.00 horas

Sábados, domingos e festivos

Mañás

10.00 a 14.00 horas

Oficinas de Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra:

Temporada baixa (outubro a maio)

Temporada alta (xuño a setembro)

Luns a venres

Mañás

10.00 a 14.00 horas

Luns a sábado

Mañás

10.00 a 14.00 horas

Tardes

16.00 a 19.30 horas

Tardes

16.00 a 19.30 horas

Sábados, domingos e festivos

Mañás

10.00 a 14.00 horas

Domingos e festivos

Mañás

10.00 a 14.00 horas

3. Non obstante o anterior, o/a xefe/a da área provincial pode determinar que pola baixa afluencia de visitantes, os domingos de temporada baixa as oficinas permanezan pechadas.

Cuarto. Garantías mínimas para os/as traballadores/as

O número de xornadas consecutivas de traballo será de sete como máximo, procurándose, cando sexa posible, un número menor.

A xornada non excederá sete horas e media ao día.

Entre a finalización dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán, como mínimo, doce horas.

Garántese un descanso mínimo semanal de dous días ininterrompidos e que o descanso semanal coincidirá efectivamente en sábado e domingo nunha proporción dun de cada tres como mínimo.

Todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste acordo gozará como descanso os días 24 e 31 de decembro. Se por necesidades do servizo fose necesario traballar algún deses días, o horario de traballo sería de 10.00 a 14.00 horas, e facilitaríase un día de descanso por cada día traballado, que se gozará durante o mesmo ano natural ou ata o 31 de xaneiro do ano seguinte.

Polo tanto, todo o persoal incluído no ámbito de aplicación do acordo terá dereito a gozar cada ano natural dun total de 16 días libres.

Quinto. Modificacións

A xefatura de área provincial poderá establecer un horario diferente do habitual para determinados días do ano que deberá ter causa xustificada como pontes, Semana Santa, Entroido, festas locais ou eventos de especial interese turístico na localidade onde radique a oficina ou área de influencia. Estes días non poderán exceder 10 no ano natural e, de non poder determinarse os días concretos ao inicio do ano, deberá realizarse un aviso previo con dez días naturais de antelación.

Sexto. Establecemento da xornada

Salvo acordo do persoal ocupante dos postos a que se refire este acordo, as xornadas diarias serán establecidas polo/a xefe/a da área provincial onde radique a oficina, a través dun sistema de quendas mediante o cal se aplicarán os principios de igualdade e non discriminación e se atenderá, en todo caso, ás normas xerais de conciliación da vida familiar e laboral. A adxudicación das quendas efectuarase prioritariamente con carácter voluntario e, a falta de acordo con estas, por rotación. A rotación das quendas farase con carácter anual, entendéndose automaticamente prorrogado agás que se produzan cambios na oficina que aconsellen a súa modificación.

No caso de ausencias do persoal por causa de baixa médica ou outras circunstancias, a adxudicación da quenda do persoal ausente efectuarase prioritariamente con carácter voluntario e, a falta de acordo entre o persoal afectado, por rotación diaria, sen que a xornada poida exceder sete horas e media ao día.

Sétimo. Específico diferencial

O complemento específico dos postos de traballo de persoal funcionario das oficinas de turismo incrementarase en 150 euros brutos mensuais, e afecta todos os postos que na RPT teñen definida esta xornada e os que voluntariamente opten por esta.

Ao persoal que ocupe postos que na actual RPT non estean catalogados como horario especial e que estean incluídos no ámbito de aplicación sinalado no punto segundo deste acordo, ofertaráselles a posibilidade de acceder de xeito voluntario á realización deste. A aceptación desta nova condición horaria suporá a modificación do complemento específico en 150 euros brutos mensuais.

A aceptación voluntaria deste horario especial deberá realizarse antes da finalización de cada ano e con vixencia para todo o ano seguinte. De non se ter recibido neste prazo, o documento de aceptación voluntaria, cuxo modelo se xunta a este acordo, entenderase que existe continuidade coa situación do ano anterior.

Para o ano 2015, a aceptación deberá realizarse no prazo dos corenta e cinco días naturais seguintes á publicación deste acordo.

Durante o ano de vixencia da aceptación voluntaria do horario especial, a necesidade de salvagardar o cumprimento do servizo fará que, unicamente, se poida deixar sen efecto por parte do/a traballador/a a aceptación do acordo, por circunstancias sobrevidas relacionadas coa conciliación da vida familiar e laboral.

As prazas ocupadas por persoal que non opte a este sistema serán encadradas neste no momento no que queden vacantes. A Administración procederá de oficio a realizar a correspondente modificación da RPT.

ACEPTACIÓN VOLUNTARIA HORARIO ESPECIAL OFICINAS TURISMO

DATOS PERSOAIS

APELIDOS E NOME

DNI

ENDEREZO

LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

DATOS DO POSTO DE TRABALLO

OFICINA DE TURISMO

CÓDIGO POSTO

DENOMINACIÓN POSTO

ANO PARA O QUE SE REALIZA A ACEPTACIÓN VOLUNTARIA

Conforme o recollido no acordo sobre as condicións especiais de traballo do persoal das oficinas de turismo da Axencia Turismo de Galicia, acepto voluntariamente acollerme desde esta data ás condicións sobre o horario especial para as oficinas de turismo recollido no dito acordo.

_____________________________, _____ de _______________ de 20___

Asinado:__________________________________

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file