Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 23 de xullo de 2015 Páx. 30806

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN erros. Orde do 2 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2015 e 2016 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia o mércores 10 de xuño de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 22625, no artigo 18. Xustificación das subvencións, onde di: «4. Para a xustificación final e coa finalidade de acreditar a realización total das actividades, así como o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria deberá presentar con data límite 15 de abril de 2016 a seguinte documentación relativa ás actuacións subvencionadas ata o 31 de marzo de 2016»; debe dicir: «4. Para a xustificación final e coa finalidade de acreditar a realización total das actividades, así como o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria deberá presentar con data límite 30 de abril de 2016 a seguinte documentación relativa ás actuacións subvencionadas ata o 31 de marzo de 2016».

Nas páxinas 22628 e 22629, no artigo 20. Pagamento das subvencións, onde di: «2. No suposto de subvención para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecidos no artigo 4.1.a), o pagamento realizarase en función do número de persoas efectivamente atendidas por día, multiplicado polo importe unitario de axuda establecido no artigo 13.1. Na anualidade 2015, á solicitude da entidade, realizaranse ata tres pagamentos á conta da liquidación definitiva cuxo importe total non poderá superar o 70 % da subvención concedida. En todo caso, deberá presentarse unha solicitude de pagamento relativa ás actuacións realizadas nesta anualidade, con data límite do 4 de decembro de 2015. Con cada solicitude de pagamento deberá enviarse a documentación prevista no artigo 18.3.a).

3. Con respecto ás subvencións de promoción de actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, ou para a atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante, na anualidade 2015, no caso de non finalización das actuacións, farase un pagamento á conta da liquidación definitiva en función das accións realizadas cuxo importe, sumado ao posible anticipo, non poderá superar o 70 % da subvención concedida. Neste caso, a entidade deberá enviar coa solicitude de pagamento a documentación prevista no artigo 18.3.b)»; debe dicir: «2. No suposto de subvención para o funcionamento de centros de inclusión e emerxencia social establecidos no artigo 4.1.a), o pagamento realizarase en función do número de persoas efectivamente atendidas por día, multiplicado polo importe unitario de axuda establecido no artigo 13.1. Na anualidade 2015, por solicitude da entidade, realizaranse ata tres pagamentos á conta da liquidación definitiva cuxo importe total non poderá superar o 80 % da subvención concedida. En todo caso, deberá presentarse unha solicitude de pagamento relativa ás actuacións realizadas nesta anualidade, con data límite do 4 de decembro de 2015. Con cada solicitude de pagamento deberá enviarse a documentación prevista no artigo 18.3.a).

3. Con respecto ás subvencións de promoción de actuacións singularizadas que constitúan a totalidade ou parte dun programa de carácter innovador e/ou complementario dos servizos sociais comunitarios básicos, ou para a atención dirixida a fomentar a inclusión social e o acceso e permanencia no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, incluíndo aquela dirixida de xeito exclusivo á poboación inmigrante, na anualidade 2015, no caso de non finalización das actuacións, farase un pagamento á conta da liquidación definitiva en función das accións realizadas cuxo importe, sumado ao posible anticipo, non poderá superar o 80 % da subvención concedida. Neste caso, a entidade deberá enviar coa solicitude de pagamento a documentación prevista no artigo 18.3.b)».