Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de xullo de 2015 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente IU2/49/2011).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 23 de abril de 2015, unha resolución pola que se lle impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número IU2/49/2011 a Baltasar Mouta Piñeiro e María Dolores Portas Romero como consecuencia de incumpriren o ordenado na Resolución do 20 de abril de 2012 que ordenaba a demolición das obras de construción dunha vivenda unifamiliar de planta baixa, de 146 m2 de superficie, acaroada ao lindeiro lateral dereito e edificación auxiliar de 78 m2 de superficie e o cuberto, promovidas polos interesados, nas parcelas con referencia catastrais 36061A021004770000LO, 36061A021004840000LX, 36061A021004850000LI, 36061A0210048830000LD, no lugar de Corvo, San Miguel de Deiro, no termo municipal de Vilanova de Arousa, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se lles notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanistica sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á via administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña producido a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolles que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva, e será motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística