Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 22 de xullo de 2015 Páx. 30734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución de varias obras públicas hidráulicas non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

FEDER.png

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade, e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/ .

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: mellora do abastecemento en Couso de Salas, Porqueirós e Mugueimes. Muíños (Ourense).

Número de expediente: OH.232.792.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 38, do 25 de febreiro de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 93.153,47 euros. Importe total: 112.715,70 euros.

Data de adxudicación: 2 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 69.930,38 euros. Importe total: 84.615,76 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de xuño de 2015.

Contratista: Gestal y López, S.L.

b) Descrición: construción de estación de tratamento de auga potable en Taboada. Taboada (Lugo).

Número de expediente: OH.227.640.

CPV (referencia de nomenclatura): 45252126-7.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 38, do 25 de febreiro de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 415.726,74 euros. Importe total: 503.029,36 euros.

Data de adxudicación: 1 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 309.630,00 euros. Importe total: 374.652,30 euros.

Data de formalización do contrato: 12 de xuño de 2015.

Contratista: CRC Obras y Servicios, S.L.

c) Descrición: renovación do saneamento e abastecemento en Cartelle e Outomuro. Cartelle (Ourense).

Número de expediente: OH.532.790.

CPV (referencia de nomenclatura): 45231300-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 40, do 27 de febreiro de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 110.534,40 euros. Importe total: 133.746,62 euros.

Data de adxudicación: 8 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 84.000,00 euros. Importe total: 101.640,00 euros.

Data de formalización do contrato: 15 de xuño de 2015.

Contratista: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2) anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga (auga potable). Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de auga potable, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia