Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30489

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos aos expedientes 76/80, 29/75, 103/80, 118/77, 44/79, 24/76 e 27/76.

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial con do data 30 de xuño de 2015 figuran os acordos seguintes:

Monte Ribón (expediente 76/80), pertencente aos veciños dos lugares de Orán, Penamazada e Rioxoán, da parroquia de Valonga, do concello de Pol, clasificado polo Xurado con data do 15 de xuño de 1981. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 6 de novembro de 2014 tivo entrada escrito presentado por Ramiro Vázquez Gómez, como secretario da Xunta Reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 12 de maio de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Ribón, quedando o monte cunha superficie de 87,98 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con este.

Monte de Santa Cruz de Parga (expediente 29/75), pertencente aos veciños da parroquia de Santa Cruz de Parga, do concello de Guitiriz, clasificado polo Xurado con data do 31 de xullo de 1975. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 6 de agosto de 2014, tivo entrada escrito presentado por Manuel Amil Carreira, como presidente da Xunta Reitora do monte, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 2 de marzo de 2015, o Servizo de Montes, elabora unha proposta de novo esbozo para o monte de Santa Cruz de Parga, quedando o monte cunha superficie de 832,43 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con este.

Monte Serra e Picato (expediente 103/80), pertencente aos veciños da parroquia de Pol (agás Eirón), do concello de Pol, clasificado polo Xurado con data do 16 de novembro de 1981. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 8 de xaneiro de 2015, tivo entrada escrito presentado polo Servizo de Infraestruturas Agrarias, como consecuencia do acordo da xunta local da concentración parcelaria de Santo Estevo de Pol, celebrada o 18.12.2014, no cal solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que xunta. Con data do 19 de xuño de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Serra e Picato, quedando o monte cunha superficie de 98,78 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con este.

Monte Artoxos e Pedrizas (expediente 118/77), pertencente aos veciños da parroquia de Fanoi, do concello de Abadín, clasificado polo Xurado con data do 30 de outubro de 1978. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 15 de xuño de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Artoxos e Pedrizas, como consecuencia de ter coñecemento, a Administración forestal, de que dentro do perímetro do esbozo aparecen incluídas parcelas que foron obxecto de concentración parcelaria (Decreto 46/1993, aprobado o 19 de febreiro de 1993). O monte queda cunha superficie de 314,33 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con este.

Monte Gándaras de Castro, Coutado e Campelo (expediente 44/79), pertencente aos veciños da parroquia de Bendia, do concello de Castro de Rei, clasificado polo Xurado con data do 1 de decembro de 1980. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 16 de xuño de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo para o monte Gándaras de Castro, Coutado e Campelo, como consecuencia de ter coñecemento, a Administración forestal, de que dentro do perímetro do esbozo aparecen incluídas parcelas que foron obxecto de concentración parcelaria (Decreto 102/1996, aprobado o 29 de febreiro de 1996, Decreto 306/1996, aprobado o 12 de xullo de 1996 e Decreto 105/1996, aprobado o 29 de febreiro de 1996), quedando o monte cunha superficie de 221,07 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con este.

Monte de Lamas (expediente 24/76), pertencente aos veciños da parroquia de Lamas, do concello de Friol, clasificado polo Xurado con data do 29 de abril de 1977, e monte de Friol (expediente 27/76), pertencente aos veciños da parroquia de Friol, do concello de Friol, clasificado polo Xurado con data do 29 de abril de 1977. Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira, con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17 de setembro de 2012, acordou solicitar do Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia susceptibles de tal adecuación. Con data do 13 de abril de 2015, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo, como consecuencia dunha investigación levada a cabo por persoal dese servizo e o Distrito Forestal, constatando a existencia dun erro na clasificación dunha parte do monte de Friol, que debería ter sido clasificado a nome dos veciños de Lamas, que o aproveitaron historicamente como o demostra, entre outros aspectos, o feito de estar baixo xestión pública conveniado con esta comunidade de Lamas e os ingresos sempre foron para estes veciños. Ambas as comunidades foron emprazadas neste procedemento, sen que fixeran constar ningunha oposición. Como consecuencia desta revisión, o monte de Lamas queda cunha superficie de 118,95 hectáreas e o monte de Friol con 189,79 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o Xurado, por maioría, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade con este. O vogal José Antonio Rojo Fernández non participa.

Descoñecendo o nome e enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre os referidos montes, por medio do presente anuncio, en conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, póñense no seu coñecemento os devanditos acordos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de montes veciñais en man común, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 2 de xullo de 2015

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo