Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 21 de xullo de 2015 Páx. 30487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0479/2014-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0479/2014-PPM e cinco máis. É tamén de aplicación o artigo 59.5 desta lei, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A Coruña, 2 de xullo de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0479/2014-PPM.

Persoa interesada: Marcos Sande Barbeito.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: travesía de Pastoriza, 82, Arteixo.

Expediente: PSC-CO-0510/2014-PPM.

Persoa interesada: Isabel Romero Borja.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Alimar 2000, A Ponte da Pasaxe, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0527/2014-PRE.

Persoa interesada: Andrés José Caño García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Breixo, 6, Dorneda, Oleiros.

Expediente: PSC-CO-0577/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan José Domínguez García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avda. Vilaboa, 197, baixo, A Corveira, Culleredo.

Expediente: PSC-CO-0578/2014-PPM.

Persoa interesada: Armando Miguel Monteiro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Penamoa, 28, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0579/2014-PPM.

Persoa interesada: Carlos David Bouza Jiménez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: O Portiño, 27, A Coruña.