Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29671

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se acorda o vencemento anticipado dos contratos que integran a carteira da entidade Mutualidade Caixa Galicia de Previsión Social a Prima Fixa, en liquidación.

Por acordo da asemblea xeral ordinaria celebrada o día 25 de xuño de 2015, a entidade Mutualidade Caixa Galicia de Previsión Social a Prima Fixa, inscrita co número 6 no Rexistro Autonómico de Mutualidades de Previsión Social non integradas na Seguridade Social, adscrito a esta dirección xeral, adoptou o acordo de disolución voluntaria da mutualidade.

A competencia na materia vén determinada no Decreto 340/1996, do 13 de setembro, polo que se asumen funcións e servizos transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia mediante o Real decreto 1642/1996, do 5 de xullo, en materia de mutualidades de previsión social e se asignan á Consellería de Economía e Facenda, e no Decreto 101/2014, do 1 de agosto, polo que establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

De acordo co anterior, para evitar unha dilatación no tempo do proceso liquidativo e coa finalidade de facilitar a liquidación sen maiores prexuízos aos mutualistas, beneficiarios e terceiros prexudicados, esta dirección xeral, de conformidade co disposto no artigo 28.2.d) do texto refundido da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados aprobado polo Real decreto lexislativo 6/2004, de 29 de outubro, e no artigo 84 do Regulamento de ordenación e supervisión dos seguros privados, aprobado polo Real decreto 2486/1998, do 20 de novembro,

ACORDA:

O vencemento anticipado, ás 24.00 horas do día 31 de xullo de 2015, dos contratos de seguro que integran a carteira da Mutualidade Caixa Galicia de Previsión Social a Prima Fixa, en liquidación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, ante o conselleiro de Facenda, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

David Cabañó Fernández
Director xeral de Política Financeira e Tesouro