Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 16 de xullo de 2015 Páx. 29670

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 8 de xullo de 2015 pola que se nomean Asunción Rodríguez Zarraquiños e José Antonio da Silva Pereira como presidenta e vicepresidente, respectivamente, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.

Tras o cesamento por petición propia de Antonio Ángel Méndez Atanes como presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, o pleno deste organismo do pasado día 26 de xuño elixiu a Asunción Rodríguez Zarraquiños, ata ese momento vicepresidenta do Consello Regulador, para ocupar o dito cargo. Nese mesmo pleno elixiuse a José Antonio da Silva Pereira para ocupar o cargo de vicepresidente.

Conforme indica o artigo 20 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que desempeñará a presidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente. Unha previsión semellante recolle o artigo 23 do citado decreto en relación coa vicepresidencia.

Polo anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei a Asunción Rodríguez Zarraquiños e nomear vicepresidente dese consello regulador a José Antonio da Silva Pereira.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar