Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 15 de xullo de 2015 Páx. 29631

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de información pública.

Aprobada inicialmente a modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento municipal de Vimianzo, Usos en solo de núcleo rural, por acordo do Pleno en sesión extraordinaria do 7 de xullo de 2015, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Vimianzo, 7 de xullo de 2015

Manuel Antelo Pazos
Alcalde